Lucenza 1992

Xaime Quessada
José Manuel García Iglesias / Silvia Hermida Sánchez

El paisaje de su tierra natal se convierte en una fuente de inspiración para Quessada. El pueblo de Lucenza es representado en diferentes ocasiones; se trata de la vista que rodea a su casa. Entre dos castaños, el artista nos muestra las tierras de prados y campos que se suceden. Llama la atención el colorido, en el que se percibe la influencia de la luz mediterránea, frecuente en las obras del autor debido a las temporadas que pasó en su taller de Ibiza. Podemos decir que aquí Quessada une el concepto de una luz mediterránea con los colores propios de un paisaje gallego: los verdes del prado o los colores rojizos de los árboles. Anteriormente estaba en el Parlamento de Galicia y a finales de 1996, por cuenta de la USC y por indicación del artista, se trasladó a la USC.

Quessada naceu en Ourense no ano 1937 e, a pesar de que viviu a súa infancia no contexto da posguerra, a súa vocación pictórica xa xurdiu por aquel entón ao nacer no seo dunha familia de artistas (vid. S. Cendán Caaveiro, 1993: 179-180). A súa formación comezou na Escola de Artes e Oficios e anos máis tarde, en 1956, ingresou na Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, onde se empezou a interesar polo Renacemento italiano, polos impresionistas e polas Vangardas (vid. S. García- Bodaño, 1974: 24-28; J. Gómez Alén, D. Villanueva, 2002; J. Gómez Alén, S. García Bodaño, 2003).

Quessada, sendo estudante de Belas Artes en San Fernando, foi seleccionado para a bolsa do Paular. Era entón o ano 1959. Froito desa experiencia é a consecución do Premio Extraordinario de Paisaxe das Escolas de Belas Artes Nacionais. O cadro que lle outorgou ese galardón titulábase “Terras” e achegaba unha visión, un tanto dramática, dos desfiladeiros do Duratón de Sepúlveda.

Pasarán os anos e o discurso pictórico deste prolífico e virtuoso artista andará mil camiños, mostrando un coñecemento dos logros dos pintores de todos os tempos altamente salientables, facendo seus -é dicir, incorporando na cita o selo da súa personalidade- tantos e tantos modos de interpretar unha determinada temática.

A súa traxectoria artística poderíase dividir en tres etapas diferentes. A primeira comezaría en 1960, momento no que culminou o seu proceso formativo na Academia de San Fernando; conseguiu a III Medalla da Exposición Nacional de Belas Artes; viaxou por diversos países empapándose así de novos coñecementos que foron determinantes para a súa carreira artística; en 1971 tras a súa viaxe a América, xurdiu toda a produción artística que contribuíu á formación de colección pictórica da Facultade de Económicas; elaborou obras cun gran dramatismo e cunha gran carga política manifestada xa nos propios títulos e cultivou temas intimistas sobordando lirismo. Neste primeiro período, aínda que se deixou influír polo Renacemento Italiano e polos impresionistas, o seu estilo oscilou entre a abstracción, o expresionismo e as Vangardas, sendo Picasso o seu gran referente.

A segunda etapa abarcaría desde 1970 ata 1980, nesta decidiu descompoñer ao seu antollo motivos figurativos, xogar coa abstracción, co dinamismo e desviarse cara unha tendencia surrealista. Así mesmo, apostou por utilizar espazos oníricos e indeterminados que tendían á xeometrización das formas e unha paleta de cores moi viva e intensa, conseguindo grandes contrastes nos seus lenzos.

Finalmente, a terceira etapa comprendería desde 1980 en diante. Foron uns anos nos que, aínda que decidiu indagar novos camiños e reformular o seu estilo utilizando delicadas e sensuais figuras femininas, retomou intensamente a abstracción. Á súa vez, andou por novas sendas a través de obras cun tratamento da cor próximo ao Fauvismo e ao Expresionismo, con formas cubistas e con motivos de tipo surrealista (vid. J. M. García Iglesias, 1987; X. M. del Caño, 2008).

Quessada, con tantas viaxes ás súas costas na súa mocidade, centrará a súa vida en Ourense, a súa cidade natal, pero fixando a súa residencia en Lucenza, facendo alí casa e fogar, o lugar onde naceron tantos e tantos cadros. Nos arredores da leira que gardaba a súa intimidade acompañáballe un bosque de anciás árbores, encadre maxestoso de vistas que debuxan amplos horizontes. Pois ben, iso tan próximo para el vai converterse, nun momento dado, alá por 1992, nun puntual reencontro coa paisaxe, grandiosa, na que os ocres e os verdes adquiren matices varios para outorgarlle vida á natureza.

E, aínda que utilizou unha paleta de cores variada, nesta obra predominaron as tonalidades cálidas. Isto débese á influencia que tivo sobre el a luz mediterránea característica da illa de Eivissa onde tiña o seu taller. O artista creou un xogo entre luz e cor, entre a luz mediterránea e as tonalidades verdes e avermelladas típicas da paisaxe galega (vid. F. Pablos, 1981).

X. M. del Caño, 2008: X. M. del Caño, Xaime Quesada: artista da xenialidade. Vigo (Nova Galicia Edicións), 2008.

S. Cendán Caaveiro, 1993: S. Cendán Caaveiro, “A pintura nas décadas do sesenta e setenta”, en Castro, X. A. (coord.), Galicia. Arte Contemporánea (I), A Coruña (Hércules)1993, XVI, pp. 179-180

S. García-Bodaño, 1974: S. García-Bodaño Zunzunegui, “Quesada Porto, Xaime”, Gran Enciclopedia Gallega, XXVI (1974), pp. 24-28.

J. M. García Iglesias, 1987: J. M. García Iglesias, Quessada, Ourense (Diputación Provincial de Ourense), 1987.

J. Gómez Alén, D. Villanueva, 2002: Xaime Quessada: Vigo (Concello de Vigo), 2002.

J. Gómez Alén, S. García Bodaño, 2003: J. Gómez Alén, S. García Bodaño, Xaime Quessada: Arte e liberdade, Vigo( Nova Galicia Edicións), 2003. 2 v.

F. Pablos, 1981: F. Pablos, Xaime Quessada, A Coruña (Atlántico), 1981, pp. 278-279.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000792
Autoría: Xaime Quessada
Título: Lucenza 1992
Temas: 
Paisaje
Datos: 1980
Técnicas: 
Óleo
Dimensiones: 
Sin marco: 199 x 199  Con marco: 231 x 231 x 6 (fondo)
Materiales: 
Lienzo
Localización: Casa de la Balconada