Abstracción II

José Otero Abeledo "Laxeiro"

Esta obra responde ás características iniciadas por Laxeiro na década dos 70. Nesta etapa, decántase pola riqueza do colorido; fronte as tonalidades terrosas de etapas anteriores, agora traballa con cores vivas destacando os azuis e laranxas. A obra é un abstracto que reflexa a liberdade do autor na súa execución, así como a depuración que oleva á liberar a pintura de toda carga anecdótica. Asinado e datado no a. s. e. "Laxeiro-70/Vigo" Comprado á Galería Citania en1980.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000295
Autoría: José Otero Abeledo "Laxeiro"
Título: Abstracción II
Temas: 
Abstracto
Data: 1970
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 61 cm Longo:: 38 cm Alto: 80 cm Longo: 56,5 cm Ancho: 5 cm
Materiais: 
Lenzo