Abstracto sen título
Xosé Miguel Tomé
Discorre o labor de Tomé por liñas que van desde o expresionismo ata a abstracción, decantándose aquí por esta última. Non obstante, o artista parte da tradición pictórica galega con mestres como Seoane ou Laxeiro; do primeiro parece tomar a importancia da cor que se ve nesta obra, e do segundo o carácter matérico da pintura -rasgo que está presente ao longo da súa produción-. Vincúlase co expresionismo a paleta cromática, optando o autor por un forte contraste de cores, neste caso laranxa e azul inundan o cadro. Asinado no ángulo superior esquerdo "X.M. Tomé 93"
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000257
Título:
Abstracto sen título
Temas:
Abstracto
Data:
1993
Técnicas:
Acrílico
Dimensións:
Alto: 166 cm Longo: 148 cm Sen marco Alto: 182 cm Longo: 182 cm Ancho: 3,5 cm (con marco)
Materiais:
Lenzo
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría