Adorno téxtil
Obxecto de forma apuntada e curva, sen aberturas. Ten un soporte duro forrado de tecido azul, que podemos ver polo reverso. No seu anverso está decorado con fío metálico dourado, bordado con fíos de cores formando un octógono e bandas, un abelorio de gran tamaño e abelorios pequenos que colgan nun dos extremos. En tarxeta anexa de José Casares Gil indícase: "adorno de los indios bolivianos"
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1221
Título:
Adorno téxtil
Dimensións:
Alto: 24 cm; largo: 8,5 cm
Materiais:
Téxtil
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
