Alejandro Novo González

Francisco Luis López Carballo

Baixo unha estética rexionalista, López Carballo realiza o retrato do Doutor Novo González, decano da Facultade de Medicina. Vai vestido co traxe académico negro e camisa branca sobre a que coloca a toga amarela, cor que se vincula cos estudos de Medicina. O personaxe represéntase cun libro, símbolo de sabiduría na man esquerda e coas medallas condecorativas, entre as que se distinguen as da Orde de Isabel a Católica e a peitoral. Sitúa o personaxe nun fondo neutro de tonalidades azuis, sentado e frontal aínda que en lixeiro escorzo, contribuíndo deste xeito á sensación de espazo. Posuidor dunha técnica moi particular de influencia posimpresionista, López Carballo decántase por unha factura de pincelada de toque, cargada de materia e pastosa, pola búsqueda de solucións dunha luminosidade de contraste o que lle permite realizar estudos de brillos e texturas que dan seña do seu dominio técnico.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000389
Autoría: Francisco Luis López Carballo
Título: Alejandro Novo González
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1984
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 100 cm Ancho: 84 cm Profundidade: 4 cm
Materiais: 
Lenzo
Localización: Facultade de Medicina