Alejandro Rodríguez Cadarso

Manuel Quintana Martelo
José Manuel García Iglesias

Con este retrato, a Universidade pretende ir completando a súa galería de reitores, facendo honor a quen, ostentando no pasado responsabilidade, non fora retratado. Alejandro Rodríguez Cadarso (1887-1933), nacido na villa de Noia, ocupou o cargo de reitor da Universidade compostelá entre os anos 1930 e 1933, sendo catedrático de Anatomía Descritiva nela desde 1916. É Manuel Quintana Martelo quen asina e data esta obra no ano 2008. Neste caso, parte dunha fotografía, moi posiblemente realizada por Ksado. Preséntanolo, de feito, convertido nun cadro que se nos mostra sobre unha parede traballada cun coidadoso sentido matérico, en cuxa parte inferior pode lerse A RESIDENCIA, en explícita alusión ao papel que este reitor desempeñou na posta en marcha deste espazo universitario compostelán.

Alejandro Rodríguez Cadarso foi catedrático de Anatomía Descritiva da Universidade compostelá desde 1916 (A. Franco Grande, 2014, PP. 1090-1112. Vid. A.Bugallo Rodríguez, M. Fuster Siebert, 1993, pp. 266-268; , R. Villares, 2003, pp. 532-533; Gran Enciclopedia Galega, 2004, XXXIX, pp. 9-10; R. Gurriarán, 2006, pp. 311-314, 397-414; M. Bermejo Patiño, R. Gurriarán, 2008; Rodríguez Cadarso, 2008; R. Gurriarán, 2010).

Este retrato como reitor leva, como se dixo, a firma de Manuel Quintana (Vid. M. Fernández-Cid, 2010).

Cóntase na Facultade de Medicina cun busto seu, realizado polo escultor Francisco Asorey, datado antes de 1945 e no que Otero Túñez puxo en valor “...un dinámico alento expresionista... cos peculiares esquematismos da hora e constituíndo valiosísimo exemplo das múltiples tendencias poscubistas” (R. Otero Túñez, 1959, p. 162). Estivo situado orixinariamente na aula de Anatomía. “Este magnífico busto merece unha nova instalación xa que a actual, na aula de Anatomía, é agora absolutamente inadecuada e antiestética” (R. Otero Túñez, 1970, p. 294). Hoxe está nunha das paredes da escaleira principal (Vid. J. M. García Iglesias, 2016, pp. 212, 230).

M. Bermejo Patiño, R. Gurriarán, 2008: M. Bermejo Patiño, R. Gurriarán, Rodríguez Cadarso. Un reitor para un país, Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela), 2008.

A.Bugallo Rodríguez, M. Fuster Siebert, 1993: A.Bugallo Rodríguez, M. Fustes Siebert, “Rodríguez Cadarso, Alejandro”, en X. A. Fraga Vázquez, A. Mato Domínguez (coord.), Diccionario Histórico das Ciencias e das técnicas de Galícia. Autores, 1868-1936, Sada- A Coruña (Ediciós do Castro), 1993, pp. 266-268.

M. Fernández-Cid, 2010: M. Fernández-Cid, Manuel Quintana Martelo, A Coruña (Deputación Provincial da Coruña), 2010.

X. A. Fraga Vázquez, A. Mato Domínguez, 1993: X. A. Fraga Vázquez, A. Mato Domínguez (coord.), Diccionario Histórico das Ciencias e das técnicas de Galícia. Autores, 1868-1936, Sada- A Coruña (Ediciós do Castro), 1993, pp. 69-71

A.Franco Grande, 2014: A. Franco Grande, La medicina compostelana (1847-1950), Santiago de Compostela (Andavira Editora), 2014.

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016.

Gran Enciclopedia Gallega, 2004: Gran Enciclopedia Gallega, Lugo (El Progreso-Diario de Pontevedra), 2004 y ss.

R. Gurriarán, 2006: R. Gurriarán, Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela, 2006.

R. Gurriarán, 2010: R. Gurriarán, Inmunda escoria. A Universidade franquista e as mobilizacións estudiatís en Compostela, 1939-1968, Vigo (Edicións Xerais de Galicia), 2010.

Rodríguez Cadarso, 2008. Rodríguez Cadarso. Un reitor para un País. 75 cabodano do seu pasamento (Catálogo de Exposición), Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela), 2008.

R. Otero Túñez, 1959: R. Otero Tuñez, El escultor Francisco Asorey, Santiago de Compostela (Imprenta Paredes), 1959.

R. Otero Túñez, 1970: R. Otero Tuñez, “Los últimos vítores de la Universidad Compostelana”, Cuadernos de estudios gallegos, XXV, 77 (1970) pp. 290-298.

R. Villares, 2003: R. Villares, “La ciudad de los “dos apóstoles” ”, en E. Portela Silva (coord.), Historia de la ciudad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (Concello de Santiago- Consorcio de Santiago-Universidade de Santiago de Compostela), 2003, pp. 477-557.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000876
Autoría: Manuel Quintana Martelo
Título: Alejandro Rodríguez Cadarso
Temas: 
Retrato
Data: 2008
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
(Con marco) alto: 123 cm  ancho: 105 cm   (Sen marco) alto: 100 cm   ancho: 81 cm
Materiais: 
Lenzo