Alfinete qolqe-culler
Alfinete formado por cabeza de forma cóncava ovoide e lisa; a sección media é plana e está gravada con liñas onduladas; con volutas a modo de lazo decorado con liñas diagonais a ambos lados. A espiga é de sección circular e punta aguzada. Na unión entre a cabeza e a sección media leva anoado un lazo de cor rosa. Este tipo de alfinetes utilízanse para suxeitar as prendas femininas. Podemos atopalos en Bolivia xa nos contextos arqueolóxicos, de tipo bidimensional, realizados en ouro, usados como símbolo de prestixio. Co paso do tempo, a súa forma foi evolucionando. Despois da revolución de Túpak Amaru de 1780, a Coroa española prohibiu os símbolos indíxenas e, segundo os especialistas, a forma de culler foi utilizada para disfrazalo como útil do fogar. Este tipo de qolqe culler seguiu sendo o máis característico dos séculos XIX e XX. Legado de José Casares Gil.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
