Alfonso Costa 3
Alfonso Costa Beiro
O mundo que Alfonso Costa presenta tanto na súa produción pictórica como na obra gráfica, é producto da súa imaxinación e dos soños nos que teñen cabida criaturas e espazos irreais. Neste caso, o gravado amósanos un dos seus seres irreais característicos cos que Costa alude a que como parte do sentido irracional do ser aparece o animal no home; así, baixo un corpo de forma humana, coloca na cabeza unha pomba e outra cabeza con pico. É un mundo imaxinario no que esa figura parece avanzar nun espazo indefinido no que emprega tintas de distintas cores que contrastan coa máis escura coa que compón a figura. O sarcasmo, a imaxinación e o surrealimso teñen cabida na obra deste artista noiés. Asinado no ángulo inferior dereito.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000791
Título:
Alfonso Costa 3
Temas:
Onírico
Técnicas:
Gravado
Dimensións:
Alto: 30,5 cm Longo: 28 cm Sen marco Alto: 42 cm Longo: 40 cm Ancho: 1 cm
Materiais:
Papel
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais