Alonso de la Peña Montenegro

Juan Antonio García de Bouzas
José Manuel García Iglesias

Foi reitor da Universidade compostelá ata que en 1653 foi nomeado bispo de Quito por Inocencio X.  Este retrato procede do Colexio de Fonseca. Alonso de la Peña y Montenegro naceu en Padrón (1596-1681). O seu vínculo con este centro levouno a facer nel unha fundación, cunha festa, “la del obispo de Quito” que aínda se celebraba no século XIX. O prelado está en pé. Acompáñao no alto o seu escudo. Unha cartela en lateral fai referencia ao personaxe, valorado desde Compostela. A súa esquerda porta, entrementres, un papel dobrado no que se di “Illmo Sr/ Bouzas fecit”. Tal circunstancia levou a consideralo obra de Juan Antonio García de Bouzas e realizado no segundo cuarto do século XVIII.

O seu currículo en relación con Compostela resúmeo Neira deste xeito: “Segundo os datos que constan no arquivo da Universidade de Santiago, D. Alonso da Pena e Rivas, foi bacharel en Artes no 24 de maio de 1614, licenciado na mesma Facultade no 7 de setembro de 1617, bacharel en Teoloxía no 22 de maio de 1621, mestre en Artes no 1 de outubro de 1617, licenciado en Teoloxía no 1 de xuño de 1625 [hai un erro nesta data; é 1623] e doutor na mesma Facultade no 11 de xuño do mesmo ano” (A. Neira de Mosquera, 1850, p. 212). Complétase esta nota biográfica con outros datos que Fraguas sistematiza así: “Foi colexial de San Bartolomeu de Salamanca, cóengo maxistral de Mondoñedo, lectoral de Sacra Escritura de Santiago... catedrático de Artes e Teoloxía na Universidade. Bispo de Quito, onde foi ademais capitán xeneral e presidente da Audiencia” (A. Fraguas Fraguas, 1995, p. 276; A. de la Peña Montenegro, 1668;  I. Vázquez Janeiro, 1993). Conta con biografías a ter en conta, nas que se valora a súa relación coa Universidade compostelá (M. Ovilo e Otero, 1880, pp. 10-11; P. Pedret Casado, 1948, pp. 41-47;  M. Bandín Hermo, 1951, pp. 348-357; A. Justo Estebaranz, 2007, pp. 633-650).

Entre as súas fundacións pías, expostas nunha escritura datada en 1659, dise en referencia ao “Colexio Maior de Fonseca de Santiago, (que) ... en cada ano mándeseme dicir unha Misa cantada á que asistirán o Reitor e Colexiais actuais” (M. Bandín Hermo, 1951, p. 456).  En 1664 leuse no Claustro compostelán unha carta de D. Alonso datada en 1662, achegando unha renda para que “en cada ano se dixese unha Misa cabodano na capela do dito Colexio, ao outro día das honras do señor fundador, cantada pola súa alma e á intención do devandito Bispo” (M. Bandín Hermo, 1951, p. 349). A cuestión levantou unha serie de discrepancias entre o claustro universitario e os colexiais de Fonseca. Tratábase dunha fundación que patrocinaba tanto a celebración como a asistencia á mesma, o que lle ía a outorgar unha inusitada duración no tempo. Así Neira dinos como, en pleno século XIX,  a universidade compostelá “solemnizaba a fundación do Bispo de Quito na oitava de San Ildefonso. Ademais desta festividade relixiosa, que equivalía a un asueto académico e que chegou ata os nosos días, celebraba as vésperas e honras do arcebispo Fonseca na Catedral de Santiago, a festa de Santo Tomás no convento de Santo Domingo e a de San Nicolás na Igrexa da Compañía. Por acordo do Consello de S. M. no 21 de setembro de 1707 repartíase en cada función a suma de 317 reais entre os graduados da Universidade.” (A. Neira de Mosquera, 1850, p. 212).

Aínda a mediados do século XX seguíase a manter esta festa que “segue a celebrase todos os anos; pero moi pouco se debe de repartir agora de propina, a xulgar pola pouquísima asistencia de profesores e ningunha de estudantes, os cales só aproveitan o día de vacación da festa de ‘San Quito’, como eles din, que non é pouco” (M. Bandín Hermo, 1951, p. 358).

O feito de que se lle lembre aquí por medio dun retrato non resulta estraño. Pode verse neste caso unha cartela en lateral (M. J. Bao Varela,1995). Di así: “El Illmo Sr Dn Alo  dela  Peña/ Montenegro., Colegl q fue de Santto Al/ feo  Canonigo Magl de la ynsigne Colgta /de Sta Ma deyria en la va de Padro Colegl/ en el Mor de Salamca de Sn Brme. Canonigo/  letor y Mgl de la sta Igla de Mondoñedo/ y lector de escriptura de la sta Igla de Santto/ Obippo de San Franco de Chipto en el Reino/ del Perú y Presidente pr s Mgd de aquella /Rl Audiencia”. Este cadro gardábase na antesala da Reitoría en 1956. En 1967 indícase que está na reitoría (M. M. Carro Amigo, 1956, pp. 8-9; M. Álvarez Montes, 1967, p. 31. Vid. J. M. García Iglesias, 2016, pp. 159-161).

Hai na USC un segundo retrato seu, de menor tamaño, que pertenceu tamén ao Colexio de Fonseca (J. M. García Iglesias, 2016,  pp. 173-174, 380).

M. Álvarez Montes, 1967: M. Álvarez Montes, Los Vítores de la Universidad (Tesis de licenciatura inédita dirigida por OTERO TÚÑEZ, R.), Santiago de Compostela (Universidad de Santiago de Compostela), 1967.

 

M. Bandín Hermo, 1951: M. Bandín Hermo, El Obispo de Quito Don Alonso De La Peña Montenegro (1596-1687),  Madrid (Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Instituto Santo Toribio de Mogrovejo), 1951.

 

M. J. Bao Varela,1995: M. J. Bao Varela,  “Retrato de D. Alonso de la Peña Montenegro”, en (Catálogo de Exposición), Gallaecia Fulget. V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela (1495-1995), Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela), 1995, pp. 206-207.

 

M. M. Carro Amigo, 1956: M. M. Carro Amigo, La pintura en la Universidad (Tesis de licenciatura inédita dirigida por R. OteroTúñez), Santiago de Compostela, Universidad de Santiago de Compostela, 1956.

 

A.Fraguas Fraguas, 1995: A. Fraguas Fraguas, O Colexio de Fonseca, Santiago de Compostela (Universidad de Santiago), 1995.

 

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016.

 

A.Justo Estebaranz, 2007: A. Justo Estebaranz, “Don Alonso de la Peña Montenegro, obispo de Quito y algunas de sus fundaciones en Galicia”, Compostellanum, 52, 3-4 (2007),  pp. 633-650. 

 

A.Neira de Mosquera, 1850: A. Neira de Mosquera, Monografías de Santiago: Cuadros históricos.-Episodios políticos.-Tradiciones y leyendas.-Recuerdos monumentales.-Regocijos públicos.-Costumbres populares, Santiago (Imp. de la Viuda de Compañel e Hijos), 1850. Se cita desde la siguiente edición: …Santiago de Compostela (Ara Solis. Consorcio de Santiago), 2000.

 

M. Ovilo y Otero, 1880: M. Ovilo y Otero, Hijos ilustres de la Universidad de Santiago, Santiago (Imp. de la Gaceta de Galicia), 1880.

 

P. Pedret Casado, 1948: P. Pedret Casado, “El Obispo de Quito, Don Alonso de la Peña Montenegro, bienhechor de la Universidad de Santiago”, Boletín de la Universidad Compostelana, 51-52 (1948),  pp. 41-47.

 

A.de la Peña Montenegro, 1668: A.de la Peña Montenegro, Itinerario para párrocos de indios, en que se tratan las materias mas particulares tocantes à ellos para su buena administracion : compuesto por el ilustrisimo, y reverendisimo señor doctor don Alonso de la Peña Montenegro, obispo del Obispado de San Francisco de Quito, del Consejo de su Magestad, colegial que fue del Colegio Mayor de San Bartholomé en la Universidad de Salamanca. Nueva edicion, purgada de muchisimos hierros, Madrid (Oficina de Pedro Marín), 1771. Hay una edición anterior, publicada, también en Madrid, en  1668.

 

O. Rey Castelao, 1993: O. Rey Castelao, “Personaxes santiagueses en América”, en (Catálogo de Exposición) Santiago e América, Santiago de Compostela (Xunta de Galicia), 1993,  pp. 67-78

 

I. Vázquez Janeiro, 1993: I. Vázquez Janeiro,  “Don Alonso de la Peña Montenegro. Un bispo reformador nas Indias”, en (Catálogo de Exposición) Santiago e América, Santiago de Compostela (Xunta de Galicia), 1993, pp. 79-85.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000202
Autoría: Juan Antonio García de Bouzas
Título: Alonso de la Peña Montenegro
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1727
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 224 cm  Ancho:150 cm  Fondo: 13 cm (con marco)   Alto: 206 cm  Ancho: 128 cm (sen marco)
Materiais: 
Lenzo