Alonso III de Fonseca

Ramón Conde Bermúdez

Retrato de carácter introspectivo de Alonso III de Fonseca, fundador da universidade compostelá, en actitude de meditación e estudo. É a caracterización do humanista, do intelectual, iconografía que nos remite ao referente contemporáneo, que en maior medida reflicte esta actitude: o Pensador de Rodin. Preséntao sedente en actitude reflexiva incidíndose, neste caso, na súa relación con Erasmo dado que mantén sobre unha das súas pernas o volume correspondente ao Enchiridion militiis christiani (1503). Así, Fonseca aparece ante nós como un meditabundo humanista. Asinado e datado: "Ramón Conde 96"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000858
Autoría: Ramón Conde Bermúdez
Título: Alonso III de Fonseca
Temas: 
Conmemorativo
Data: 1996
Dimensións: 
Escultura: alto: 167 cm ancho: 113 cm Profundidade: 71 cm Pedestal de granito: alto: 98 cm Ancho: 119,5 cm Profundidade: 124,5 cm Base de bronce: alto: 9 cm Ancho: 94,5 cm Profundidade; 113 cm
Materiais: 
Bronce