Antonio Novo Campelo
Antonio Novo Campelo (1878-1948), nomeado en 1910 catedrático de Terapéutica da Universidade de Santiago, foi decano entre 1931-1936 e 1941-1948 (Vid. Gurriarán, Otero Costas, García Iglesias, 2014). O seu retrato leva a sinatura de Elvira Santiso. Ademais da medalla propia de doutor, óptase por mostrar outras distincións. Aparece distinguido como Comendador (Saada) da Orde da Medhauia e, á esquerda desta, a de Comendador de Instrución Pública de Portugal e, ao pescozo, o colar de Comendador da Orde de Afonso X o Sabio. Neste caso, utilízase a muceta e o bonete co amarelo propio de Medicina para presentar o persoeiro. Ábrese deste modo unha forma de presentar os decanos que será máis ou menos seguida en bastantes casos posteriores.
A. Franco Grande, 2014: A. Franco Grande, La medicina compostelana (1847-1950), Santiago de Compostela, Andavira Editora, 2014.
X. A. Fraga Vázquez, 2011: X. A. Fraga Vázquez, “Antonio Novo Campelo”, en Real Academia de la Historia, Diccionario biográfico electrónico, https://dbe.rah.es/biografias/34498/antonio-novo-campelo, 2011.
J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela, Andavira Editora e Consorcio de Santiago, 2016.
M. Gómez Novoa, 2010: M. Gómez Novoa, “Elvira Santiso García. Artista e docente de vocación e extraordinarias dotes creativas”, en Álbum de mulleres, Consello da Cultura Galega, http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=209, 2010.
R. Gurriarán, X. Otero Costas e J. M. García Iglesias, 2014: R. Gurriarán, X. Otero Costas e J. M. García Iglesias, A galería de decanos da Facultade de Medicina, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2014.
R. Sisto Edreira, 2012: R. Sisto Edreira, “Antonio Novo Campelo. Especialista en hidroloxía reumática e en farmacoloxía experimental e terapéutica”, en Álbum da Ciencia, Consello da Cultura Galega, http://culturagalega.gal/albumdaciencia/detalle.php?id=329, 2012.