Anxo exterminador

Ánxel Huete Vales

Aínda que a maior parte da súa obra está ligada á abstracción xeométrica, atopámonos aquí un gravado figurativo, no que fai unha revisión dun tema relixioso. Preside no primeiro termo unha muller de longos cabelos que está sentada na herba baixo a mirada supervisora do ollo divino que aparece no aire; á esquerda un anxo de pé que levanta coa man unha espada; na dereita vemos a outro anxo e un peitoril aramiado. Huete sérvese do xogo co negro e branco para crear os espazos. Asinado no a. i. e. "Huete". Nº serie a.i.e: 55/100

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000244
Autoría: Ánxel Huete Vales
Título: Anxo exterminador
Temas: 
Fantástico
Data: 1984
Técnicas: 
Gravado
Dimensións: 
Alto: 73,7 cm Longo: 55,2 cm Ancho: 3,5 cm (con marco) Alto: 56,5 cm Longo: 37 cm (soporte) Alto: 33 cm Longo: 24,5 cm (prancha)
Materiais: 
Papel