Arcebispo Fonseca
O autor Moragón fai un retrato dun personaxe histórico baixo unha óptica contemporánea. Aínda que o non se axusta á iconografía habitual do arcebispo, Moragón introduce unha serie de elementos que permite identificalo: vísteo co hábito episcopal de cor púrpura, símbolo de poder, e coa cruz peitoral. Da mesma cor é o tapizado da cadeira na que está sentado Fonseca. Este está representado en actitude de ler, xa que sostén uns papeis nas mans, ademais dos libros que aparecen enriba dunha mesa, na que tamén aparece unha talla da figura do apóstolo Santiago. No fondo vemos a alusión á principal creación que fixo o arcebispo: o Colexio de Fonseca. E, na parte superior, o escudo de cinco estrelas do fundador. Moragón centra a atención no personaxe ao que ilumina con unha luz forte e directa. Asinado no a.i.d.: "A. Moragón/73"