Arlequín
Xaime Quessada
A temática circense está presente ao longo da obra de Quessada, xa que lle permite unir o seu gusto por pintar cabalos e a referencia á etapa azul de Picasso na que o pintor malagueño traballaba este tema. Nesta obra, Quessada sitúa ante un fondo indeterminado e difuso un cabalo, colocado de perfil, ao igual que o arlequín, ainda que este xira o corpo e mira cara o espectador ao tempo que levanta o brazo dereito. As figuras están perfectamente delimitadas co trazo do debuxo que denota as súas aptitudes con esta técnica. A paleta cromática redúcese a tonalidades azuis e grisáceas. Asinado no a.i.d.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000738
Título:
Arlequín
Temas:
Figura de
Animal
Neno
Data:
1968
Técnicas:
Pastel
Dimensións:
Alto: 82 cm Ancho: 66 cm Ancho: 3,5 cm
Materiais:
Papel
Localización:
Casa da Balconada