Arrepíame sen saber por que
Xoán Pardiñas
Obra figurativa de corte primitivista na que Xoán Pardiñas representa a figura dun home no momento no que parece estar a levantar algo. A súa é unha pintura cargada de materia, de grosas pinceladas e intenso cromatismo que lle serve, como neste caso, para ordenar o fondo da composición en tres campos horizontais. Sobre este fondo, emerxe a figura de volume esaxerado, na que o autor consegue reflectir o estado de inquedanza do home. Asinado no ángulo inferior dereito.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000675
Título:
Arrepíame sen saber por que
Temas:
Figura de
Home
Data:
1988
Técnicas:
Acrílico
Dimensións:
Alto: 195 cm Longo: 170 cm
Materiais:
Lenzo
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais