Aula

José López Guntín

A obra de López Gúntín -enmarcada dentro do ámbito da Nova Figuración- é eminentemente figurativa, influenciado polo realismo. Traballou o retrato e as composicións de figuras, como a que se amosa nesta obra. Trátase dunha escena que transcorre nunha aula na que vemos a un grupo de nenos organizados en torno a dúas mesas. O seu estilo baséase nun rigor xeométrico co que define tanto as figuras coma o espazo no que se sitúan, aínda que sen caer na descomposición da forma que caracterizaba o cubismo. Cromaticamente decántase por unha gama de cores suaves, pasteis que difumina máis cara o fondo.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000547
Autoría: José López Guntín
Título: Aula
Temas: 
De xénero
Escenas
Figuras
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 83,5 cm Ancho: 98,5 cm Profundidade: 4 cm
Materiais: 
Madeira
Táboa