Bacelos

Antonio Mouzo Lavandeira

Sobre un soporte feito a base de periódicos estranxeiros, o autor crea unha obra traballada a base de pintura branca e carbón na que se representa unha prantación dos bacelos das vides. Asinado no a.i.e.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000763
Autoría: Antonio Mouzo Lavandeira
Título: Bacelos
Temas: 
Paisaxe
Data: 1990
Técnicas: 
Mixta
Dimensións: 
Alto: 68 cm (48 cm) Longo: 81 cm (61 cm) Ancho:2,5 cm
Materiais: 
Papel
Localización: Casa da Balconada