Baixo relevo
Baixo relevo traballado por unha das súas caras. A imaxe representa un rostro enmarcado nun cadrado e, ao redor, uns apéndices que rematan en cabezas de aves. Garda semellanzas cos “rostros frontais” representados na base do friso da Porta do Sol do sitio arqueolóxico de Tiwanaku. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos atopalas en contextos arqueolóxicos e, hoxe en día, nas feiras das Alasitas.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1263
Título:
Baixo relevo
Dimensións:
Alto: 3,2 cm; largo: 4,1 cm; profundidade: 0,9 cm
Materiais:
Calcaria
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
