Banalidade

Mila Vázquez

Obra figurativa na que presenta unha das súas paisaxes urbanas características; interésalle á autora paisaxes atemporais, neste caso o que parecen ser edificios dunha fábrica que compón con distintos volumes de carácter xeométrico, no que podería haber unha chiscadela á influencia do Picasso cubista ou de Cézanne que a autora admira. Xoga coa xeometría por medio deses cubos e prismas que compoñen a obra, perfectamente definidos por medio do debuxo, que é o encargado de definir a estrutura do cadro. No relativo ás cores, decántase por gamas suaves a base de grises, azuis e verdes que difumina.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000668
Autoría: Mila Vázquez
Título: Banalidade
Temas: 
Arquitecturas e edificios
Data: 1996
Técnicas: 
Mixta
Dimensións: 
Alto: 59,5 cm Longo: 80,5 cm  Sen marco Alto:73 cm Longo: 96 cm
Materiais: 
Lenzo