Bandeira de Arxentina
Bandeira nacional de Arxentina realizada en seda en panos dobres, con tres franxas horizontais de igual tamaño celeste-branco-celeste. Na franxa branca o sol con cara, bordado con fío dourado, en relevo, recordando a primeira moeda arxentina, con trinta e dous raios flamíxeros e rectos colocados alternativamente.
Tal como recolle a documentación, as bandeiras de Arxentina e Uruguai estiveron expostas no seu día nas súas vitrinas orixinais, desaparecidas hoxe en día. Doazón da Comisión Protectora da Biblioteca América en Arxentina.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1192
Título:
Bandeira de Arxentina
Data:
ca 1911
Técnicas:
Bordado
Dimensións:
Alto: 90 cm, ancho: 140 cm
Materiais:
Seda
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
