Bandeira de Ecuador
Bandeira nacional de Ecuador, realizada en seda en panos dobres, con tres franxas horizontais amarela-azul-vermella; a amarela ocupa a metade do alto. Leva o escudo no centro bordado no anverso. O escudo é de forma ovalada e, no interior, o sol e o Chimborazo de onde nace o río Guayas, onde un barco a vapor navega polo río. Catro bandeiras rodean o escudo. Sobre o escudo, o cóndor coas ás abertas. Policromado con letras douradas na inscrición: R de Ecuador. Doazón do Comité de Damas Quiteñas Pro-Bandeira Ecuatoriana. Bordada polas irmás María Cristina e Carmela Moscoso.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1198
Título:
Bandeira de Ecuador
Data:
ca 1927
Técnicas:
Bordado
Dimensións:
Alto: 100 cm, largo: 135 cm
Materiais:
Seda
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
