Bandeira de México
Bandeira nacional de México realizada en tea de orixe vexetal dun só pano, con tres franxas verticais de igual tamaño vermella-branca-verde. Na franxa branca, o escudo nacional bordado por ambos lados. Representa un aguia real de perfil cunha serpe no bico, pousada sobre un nopal que nace dunha rocha nun lago. Debaixo, ramas de loureiro e oliveira unidas por listón branco e vermello. O escudo de México tivo múltiples cambios coa sucesión dos distintos presidentes. Esta forma de representación coincide coa presidencia de Venustiano Carranza entre 1917-1934, con aguia de perfil, xa que con anterioridade tiña as ás estendidas. Doazón da Liga Acción Social de México.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1197
Título:
Bandeira de México
Data:
ca 1935
Técnicas:
Bordado
Dimensións:
Alto: 90 cm; largo: 140 cm
Materiais:
Téxtil
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
