Bandeira de Uruguai

Ana Abella Galego

Bandeira nacional de Uruguai realizada en seda en panos dobres, con franxas horizontais de igual ancho, catro celestes e cinco brancas. Na esquina superior esquerda, sobre fondo branco, sol con cara bordado con fío dourado, en relevo, con 16 raios rectos e intercalados 16 máis estreitos. Bordado polas madres Teresianas.
Segundo a documentación da época, as bandeiras de Arxentina e Uruguai estiveron expostas no seu día na Biblioteca América nas súas vitrinas orixinais, desaparecidas na actualidade.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

Ficha técnica

Número de referencia: IBCOOO1193
Título: Bandeira de Uruguai
Data: ca 1911
Técnicas: 
Bordado
Materiais: 
Seda