Bandexa octogonal de cristal de rocha
Autoría descoñecida
Peza da época de Filipe IV pertencente ao Gabinete de Curiosidades, creado en 1841, e que forma conxunto cunha cunca e unha xerra, tamén de cristal. Consta dunha estrutura de metal (bronce), totalmente decorada con motivos xeométricos, que consiste no perímetro da base octogonal da peza, os pés (que se encontran nos ángulos) e as respectivas prolongacións. A base e as caras da peza son de cristal de rocha, tendo estas últimas un remate dentado e unha banda ornamental, de motivos ovais separados por flores de lis, na súa parte superior. A decoración complétase coa presenza de paxaros e formas vexetais na base. Está situada na vitrina esquerda do cadeirado do salón de graos de San Xerome.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000164
Título:
Bandexa octogonal de cristal de rocha
Temas:
Decoración vexetal
Data:
ca. 1650
Técnicas:
Vidro
Dimensións:
Alto: 7 cm Longo: 25 cm Fondo: 21,5 cm
Materiais:
Bronce
Cristal de rocha
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría