Bastón
Bastón de madeira de ébano; corpo de forma cilíndrica, na empuñadura leva tallada unha cabeza de león con incrustación de vidro nos ollos; na parte superior, e de forma helicoidal, motivo vexetal en relevo. Cara a base, o diámetro da peza estréitase de forma progresiva. Pertence ao legado de Gumersondo Busto
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1322
Título:
Bastón
Dimensións:
Altura: 91,5 cm; diámetro máximo: 6 cm
Materiais:
Madeira
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
