Betanzos (Ponte Vella)
Julio Quesada Guilabert
Gravado que ten como protagonista a vila de Betanzos; en concreto, a vista da Ponte Vella -orixinal do século XIII aínda que con remodelacións no século XVI formado por cinco arcos de medio punto- situado por enriba da ría, á beira da cal sucédense as arquitecturas tradicionais da vila. O gravado está feito a base de tonalidades azuis, grisáceas e verdes, e xoga coa técnica para crear a sensación de acuarela, buscando os reflexos na auga. Asinado no ángulo inferior dereito e, debaixo da sinatura, o título da obra. No lado esquerdo o numero de tirada: 41/175.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000837
Título:
Betanzos (Ponte Vella)
Temas:
Paisaxe con arquitectura
Técnicas:
Gravado
Dimensións:
Alto: 43,5 cm (23 cm) Longo: 55 cm (34 cm) Profundidade: 2 cm
Materiais:
Papel
Localización:
Colexio Maior San Clemente
