Bodegón

Mª Antonia Dans Boado

Dentro da produción de Maria Antonia Dans, destacan os bodegóns. Neste caso atopámonos cun composto por catro figuras: unha xerra en primeiro termo decorada con flores, e tres botellas dispostas en liña e creando profundidade no cadro. As cores son as habituais na pintora: gamas pasteis destacando as tonalidades azuis e verdes matizadas que lle serven para dotar de volume aos obxectos. Asinado a. i. d. "dans"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000263
Autoría: Mª Antonia Dans Boado
Título: Bodegón
Temas: 
Bodegón
Data: 1960
Técnicas: 
Acuarela
Ceras
Pastel
Dimensións: 
Alto: 68 cm Longo: 49 cm (sen marco) Alto: 90,5 cm Longo: 70,5 cm Ancho: 4,5 cm (con marco)
Materiais: 
Papel