Bodegón
Manuel Prego de Oliver
Pintor da primeira xeración da posguerra, o bodegón foi un dos xéneros máis empregados por Prego de Oliver. Neste sitúa sobre o primeiro plano -algo que é habitual nas súas naturezas mortas- a cesta, colocada sobre unha mesa, cuberta cun pano branco sobre a que coloca as froitas. As pegadas do posimpresionismo, especialmente de Cézanne polo seu rigor xeométrico e solidez dos elementos e o valor da texturas que denotan a súa admiración polo pintor Chardin están presentes nesta obra. Prego de Oliver sitúa o bodegón ante un fondo neutro, negro, que é habitual neste tipo de temas. Igualmente decántase pola súa preferencia por alimentos humildes, froitas e, sobre todo, peras. Comprado á Galería Citania en 1981.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000746
Título:
Bodegón
Temas:
Bodegón
Data:
1950
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 65 cm Longo: 81 cm (sen marco) Alto: 85,5 cm Longo: 102 cm Ancho: 5 cm (con marco)
Materiais:
Liño
Localización:
Casa da Balconada