Bodegón 1

Xavier Pousa Carrera

Estamos diante dun bodegón que Pousa contrúe nunha estancia da que vemos a ventá ao fondo e unha mesa sobre a que sitúa os distintos elementos que o compón: unha xerra e mazás sobre un mantel que cobre a mesa. Chama a atención a liberdade e a soltura da pincelada que evidencia o gusto do autor pola pintura impresionista, mentres que a austeridade do bodegón é unha herdanza da obra de Zurbarán, que Pousa coñecería durante a súa etapa de formación en Madrid. Asinado no ángulo inferior dereito.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000697
Autoría: Xavier Pousa Carrera
Título: Bodegón 1
Temas: 
Bodegón
Data: 1972
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 48 cm Longo: 63 cm Sen marco Alto: 75 cm Longo: 87,5 cm Profundidade: 1 cm
Materiais: 
Papel