Bodegón 2

Xavier Pousa Carrera

Estamos diante dun bodegón que Pousa constrúe cunha cadeira e unha mesa sobre a que sitúa os distintos elementos que o compoñen: unha xerra, unhas laranxas e un mantel que non cobre a totalidade desa mesa. Chama a atención a liberdade e a soltura da pincelada que evidencia o gusto do autor pola pintura impresionista, mentres que a austeridade do bodegón é unha herdanza da obra de Zurbarán, que Pousa coñecería durante a súa etapa de formación en Madrid. Asinado no ángulo inferior dereito.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000700
Autoría: Xavier Pousa Carrera
Título: Bodegón 2
Temas: 
Bodegón
Data: 1972
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 48 cm Longo: 63 cm Sen marco Alto: 75 cm Longo: 87,5 cm Profundidade: 1 cm
Materiais: 
Papel