Bodegón
Antonio Moragón Aguado
Bodegón no que se representa unha mesa a medio cubrir polo mantel cunha xerra grande, unha pequena de viño, unha cunca e unha mazá. No fondo vemos un cadro polo reverso. os obxectos preséntansenos de forma realista, traballados desde o punto de vista técnico con empastes a espátula. Asinado no a. i. e.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000749
Título:
Bodegón
Temas:
Bodegón
Data:
1962
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 55 cm Longo: 64 cm Alto: 83 cm Longo: 92 cm Ancho: 7 cm
Materiais:
Lenzo
Localización:
Casa da Balconada