Bolsa
Bolsa de pequeno tamaño, confeccionada en pel; no extremo inferior ten forma redondeada. Na zona superior remata cun dos lados máis alongados rematado en flocos. Aínda que Amparo Redondo indique no seu catálogo que pode proceder de Bolivia, pensamos que ten relación coa cultura dos nativos do norte de América, onde atopamos pezas idénticas que se utilizaban para gardar medicinas. Sabemos que José Casares Gil realizou viaxes a Norteamérica en 1899, 1902 e 1927.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1219
Título:
Bolsa
Dimensións:
Alto: 19 cm; largo: 8,5 cm
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
