Boneco Skookum

Ana Abella Galego

Boneco que representa un nativo de América do Norte, coa cabeza realizada en papel maché e policromada en marrón escuro coa mirada concentrada cara un lado. O corpo ten un alma de madeira e un recheo de fibra vexetal. A parte inferior das pernas e pes están realizadas con madeira. Leva pelo natural e distintos tecidos que simulan unha especie de camisa. Unha manta en cores terra envólveo case por completo. Calza botas. A súa creadora foi Mary McAbay, que obtivo a patente en 1913 e o rexistro da marca Skookum en 1919. Pasou de ser unha industria artesanal a fabricarse de forma masiva entre 1920 e 1960. Vendíanse como artigos de recordo en zonas turísticas. A partir de 1924, o calzado xa non é realizado en tecido, polo que pode datarse a peza antes deste ano, ademais de coincidir coas viaxes de José Casares Gil a América do Norte.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

Ficha técnica

Número de referencia: IBCOOO1336
Título: Boneco Skookum
Data: Primeiro cuarto do século XX
Materiais: 
Madeira
Papel
Téxtil