Busto de Andrés Bello
Autoría descoñecida
Busto en mármore co nome inscrito do homenaxeado. Este busto foi regalado á Biblioteca América polo goberno da República de Venezuela, grazas ás xestións realizadas por Vicente Dávila, delegado da Biblioteca América en Caracas, secretario da Academia da Histoira e director do Arquivo Nacional de Caracas. Polo seu compromiso co proxecto de Gumersindo Busto, foi nomeado socio de honra da Biblioteca América.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000333
Título:
Busto de Andrés Bello
Temas:
Conmemorativo
Técnicas:
Talla
Dimensións:
Alto: 68,4 cm Ancho: 58,4 cm Fondo: 30,4 cm Alto: 23 cm Ancho: 40 cm Fondo: 34 cm (peaña mármore) Alto: 71 cm Ancho: 47 cm Fondo: 41,7 cm
Materiais:
Mármore
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca