Busto de Antonio José de Sucre
Autoría descoñecida
Busto en mármore branco, tipoloxía clásica de busto co nome inscrito do homenaxeado. O busto de José Antonio de Sucre, xunto co de Francisco de Miranda e Simón Bolívar, realizados en mármore de Carrara, foron doazón do goberno da República de Venezuela. Chegaron á Biblioteca América grazas á actuación e xestións realizadas por Vicente Dávila, delegado da Biblioteca en Caracas, secretario da Academia da Historia e director do Arquivo Nacional. A doazón foi efectuada, posiblemente, a finais da década dos vinte do século XX.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000335
Título:
Busto de Antonio José de Sucre
Temas:
Conmemorativo
Técnicas:
Cicelado
Talla
Dimensións:
Alto: 67,5 cm Ancho: 60 cm Fondo: 36 cm Alto: 23 cm Ancho: 40 cm Fondo: 34 cm (peaña mármore) Alto: 71 cm Ancho: 47 cm Fondo: 41, 7 cm (pedestal madeira)
Materiais:
Mármore
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca