Busto de Bartolomé Mitre
P. Costa
Busto en mármore do homenaxeado. Procede da Facultade de Xeografía e Historia. Obsequiado polo inmigrante pontevedrés Juan G. Molina, quen foi presidente do Banco de Galicia y Buenos Aires, do Centro Galego da capital arxentina e presidente da Comisión Protectora da Biblioteca América en Buenos Aires entre 1920-1926, período durante o cal se realizou a doazón. Inscrición cincelada na parte posterior: "P. Costa. Florencia, Vía Ricasoli 63"
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000334
Título:
Busto de Bartolomé Mitre
Temas:
Conmemorativo
Técnicas:
Cicelado
Talla
Dimensións:
Alto: 53 cm Ancho: 51cm Diámetro: 23 cm Diámetro peaña: 23 cm Pedestal de madeira: Alto: 71,5 cm Ancho: 48,4 cm Profundidade: 42 cm
Materiais:
Mármore
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca