Busto de Fructuoso de Ribera
Luis Cantú
Busto en bronce fundido e peaña de madeira. Representa a don Fructuoso Ribera, militar e político uruguaio. O busto foi custeado por subscrición popular, baixo a iniciativa da Comisión Protectora de Montevideo. Laura Carrera de Bastos, presidenta da Comisión Pro-Acercamiento Intelectual Iberoamericano, realiza xestións ante o Partido Colorado e o Club Rivera de Uruguai para sufragar o envío do busto a Santiago a onde chegou pouco antes de 1926. Na fronte e no lateral esquerdo, gravado o nome do autor Luis Cantú. Placa metálica co nome do homenaxeado: "Br. Gral. Fructuoso Rivera/Nació en 1788 - + 13-I-1854", e outra cos nomes dos doantes.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000342
Título:
Busto de Fructuoso de Ribera
Temas:
Conmemorativo
Retrato
Técnicas:
Fundición
Varredura
Dimensións:
Alto: 64 cm Ancho: 49 cm Fondo: 29 cm Alto: 119 cm Ancho: 39,5 cm Profundidade: 40 cm (pedestal madeira)
Materiais:
Bronce
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca