Busto de José Gervasio Artigas

Enrique Astori

O busto en bronce deste prócer uruguaio foi doado pola Comisión de Damas Uruguaias da Biblioteca América mediante suscrición popular a cargo de Laura Carreras de Bastos. Parece que a contribución económica maior foi a de Teresa García Lagos de Sanguinetti, xunto coa doutras damas da Comisión, varios connotados uruguaios e varios españois establecidos en Uruguai. En 1922, o busto xa fora doado. Placa de bronce na peaña de granito onde figura a inscrición: "Artigas". Placa identificativa no pedestal "Gral D. José G. Artigas/N. El 19 de Junio de 1764 - 23 de septiembre de 1850". Maqueta executada por León Solá e pedestal de granito rosado realizado polo mosaiquista Ambrosio Romeo Risso.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000330
Autoría: Enrique Astori
Título: Busto de José Gervasio Artigas
Temas: 
Conmemorativo
Data: 1850
Técnicas: 
Varredura
Dimensións: 
Alto: 75 Ancho: 38 cm Peaña: Alto: 118 cm Ancho: 39,9 cm
Materiais: 
Madeira
Bronce