Busto de José María Morelos y Pavón
Fidias Elizondo
Escultura de vulto redondo sobre peaña de madeira que represnta a José María Morelos y Pavón (1765 - 1815). Trátase dun busto con mirada ao fronte, sen vestimenta visible, cun pano na cabeza e patillas. Escultura e peaña de madeira forman un mesmo bloque; todo o frontal da peaña de madeira presenta unha placa de cobre gravada; de estilo modernista.
Doazón do Secretario de Educación Pública de México, Puig Casauranc.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Na Placa Metálica: MORELOS/A LA BIBLIOTECA AMÉRICA/COMO TESTIMONIO DE AMOR DE MÉXICO A ESPAÑA/EL SECRETARIO DE EDUCACIÓN PÚBLICA DE MÉXICO/PUIG CASAURANC/AÑO DE MCMXXVI
Asinado na parte posterior escultura: MEXICO 1926 FID
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1189
Título:
Busto de José María Morelos y Pavón
Temas:
Conmemorativo
Data:
1926
Técnicas:
Talla
Dimensións:
Alto: 60 cm; largo: 37 cm; profundidade: 23 cm
Materiais:
Madeira
Metal
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
