Busto de Juan Zorrilla San Martín

José Luis Zorrilla

Busto de don Juan Zorrilla San Martín (Montevideo 1855- 1931). Foi agasallo da Comisión Pro-Acercamento Intelectual Iberoamericano, que encomendou en 1913 a súa realización ao fillo do propio homeaxeado, o escultor José Luis Zorrilla. En 1918 estaba lista a maqueta do busto, pero seguía pendente a realización da columna. O delegado da Comisión en Paysandú, o escritor e músico vasco residente no Uruguai dende 1872, Bruno Goyeneche, abriu unha subscrición con tal fin. En 1922, o Presidente da República, Baltasar Brum, presidiu no Teatro Solís de Montevideo a velada literaria celebrada con motivo da entrega deste e doutros bustos dos próceres uruguaios á Biblioteca América. Inscrición no lateral dereito: "J. Zorrilla D. San Martín" Inscrición no reverso: FUND: VIGNALI Na peaña unha placa metálica que di: "JUAN ZORRILLA SAN MARTÍN"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000346
Autoría: José Luis Zorrilla
Título: Busto de Juan Zorrilla San Martín
Temas: 
Conmemorativo
Técnicas: 
Fundición
Dimensións: 
Busto: Alto: 48 cm Longo: 31 cm Fondo:38 cm Peaña: Alto: 18,5 cm Longo: 40 cm Fondo: 30 cm Pedestal Alto: 119',5 cm Longo: 43,5 cm Fondo: 42,5 cm
Materiais: 
Bronce