Caixa cerámica decorada
Caixa cerámica de contexto cultural celtibérico con inscricións en todas as caras exteriores. Trátase de material moi fráxil cocido a baixa temperatura. De procedencia descoñecida, pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000947
Título:
Caixa cerámica decorada
Técnicas:
Cerámica
Dimensións:
Longo: 72 mm, Ancho: 51 mm, Alto: 50mm, Peso:158,8 g
Materiais:
Arxila
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia