Calendario Azteca
Baixo relevo circular traballado por unha das súas caras. É unha copia interpretada, a pequena escala, do monolito coñecido como "Piedra del Sol" ou Calendario Azteca. É un tributo ao sol e mostra a división do tempo. O rostro representado no centro é Tonatiuh (Deus do Sol) rodeado de adorno de guerreiro triunfante; na seguinte liña, a representación simbólica dos 20 días aztecas. No último anel, as dúas serpes que terminan con dúas cabezas humanas.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1274
Título:
Calendario Azteca
Dimensións:
Diámetro: 17,5 cm; profundidade: 1 cm
Materiais:
Calcaria
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
