Camisa

Alberto Datas Panero

A obra, auténtica renovación do xénero do bodegón, concéntrase na representación do obxecto, neste caso unha camisa que flúe sobre fondo escuro e neutro. Cadro no que adquire un gran protagonismo a materia e a cor, as pinceladas son cálidas e coloristas. A temática da roupa é unha referencia en Datas, a súa execución é esquisita dentro da súa aparente elementalidade. a. i. d. "Datas 72"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000032
Autoría: Alberto Datas Panero
Título: Camisa
Data: 1972
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 173 cm Ancho: 88 cm Profundidade: 4 cm
Materiais: 
Lenzo
Localización: Facultade de Matemáticas