Cañada
Formado na escola coruñesa, Fernández Sánchez continúa o concepto da paisaxe difundido polo principal representante de dita escola, Francisco Lloréns. O protagonista desta obra é a paisaxe galega que o autor representará constantemente; o sabor do autóctono: a sensación de ambiente, dunha atmosfera húmida -influencia de Lloréns-, o verde das árbores -gama cromática que repite con frecuencia neste xénero-, son plasmadas nunha vista na quea representación dunha casa convértese nun detalle anecdótico no medio da paisaxe de bosque, auténtica protagonista da obra. Herdeiro dunha técnica impresionista, José Fernández Sánchez traballa cunha pincelada espontánea, de toque, difuminando as formas cara o fondo para transmitir a sensación de profundidade. Asinado no ángulo inferior dereito.