Caras

Isaac Díaz Pardo

Neste gravado represéntase unha multitude de rostros, todos mirando cara arriba. En primeiro termo vese un home e unha muller, esta última cun neno no colo. Ao redor do pescozo do home hai unha inscrición do autor: "Ouxetos alleos no ceo de Galicia -- Estase a perder toda esperansa -- Grabou Díaz Pardo en septembro de 1984". Relaciónase cunha linguaxe expresionista. Asinado a. i. d. "Díaz Pardo", e no a.i.e. o número de serie 55/100.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000264
Autoría: Isaac Díaz Pardo
Título: Caras
Temas: 
Retrato
Grupo
Data: 1984
Técnicas: 
Gravado
Dimensións: 
Soporte Alto: 56 cm Longo: 37,5 cm Prancha Alto: 32,5 cm Longo: 25 cm Marco Alto: 73,5 cm Longo: 55,5 cm Ancho: 3,5 cm
Materiais: 
Papel