Caras
Xosé Miguel Tomé
Unha serie dunha ducia de rostros que ocupan a maior parte da superficie pictórica; de novo, e tal como é o habitual na obra de Tomé, a figura humana é a protagonista. Plenamente neoexpresionistas, o autor concibe estes rostros a modo de máscaras, das que tan só vemos a silueta, o perfil. A expresividade está lograda co uso dunha cor: o negro, co que cobre gran parte da superficie pictórica aplicado de forma enérxica e en grandes cantidades de materia.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000729
Título:
Caras
Temas:
Figuras
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 116,5 cm Longo: 183,5 cm Ancho: 1 cm
Materiais:
Táboa
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais