Carlos Pajares

Siro López Lorenzo
José Manuel García Iglesias

Carlos Pajares naceu en Madrid en 1945. Foi reitor entre 1984 e 1990. O seu retrato está asinado por Siro, Siro López Lorenzo (1947), humorista gráfico, caricaturista e ensaísta, condicións que, en certo modo, supoñen esta aproximación a Pajares, catedrático de Física Teórica. Sen romper a ortodoxia académica, o personaxe aparece coa indumentaria propia do cargo, posando en pé, coas súas mans xuntas e cunha mirada viva e un tanto riseira, afastándoo da usual severidade coa que se presenta aos reitores. Tras el podemos ver un fondo decorativo que evoca a cadeira presidencial do Paraninfo da Universidade compostelá.

Catedrático de Física Teórica, foi o primeiro decano da Facultade de Física en Compostela. Entre os seus premios conta co de Divulgación Científica da Xunta de Galicia (1994) e o Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica (2008) (Vid. Gran Enciclopedia Gallega, 2004, XXXIV, p. 176 ). Foi, como xa se mencionou, Siro quen firma este retrato (Gran Enciclopedia Gallega, 1974, XXVIII, pp. 181-182; F. X. Fernández Naval, 2000, p. 72; X. L. Barreiro Rivas, 2009, PP. 13-18. Vid. J. M. García Iglesias, 2016, p. 210).

X. L. Barreiro Rivas, 2009: X. L. Barreiro Rivas, “A Autonomia galega, desde “in illo tempore” ata Siro López”, en (catálogo) A Autonomia galega nas caricaturas de Siro, A Coruña ( Deputación da Coruña), 2009, pp. 13-18.

F. X. Fernández Naval, 2000: F. X. Fernández Naval, “Siro López, unha fiestra aberta ó mundo”, en (catálogo de exposición,) V Bienal da Caricatura, Ourense, 2000 (Deputación de Ourense, (2000), p. 72.

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016.

Gran Enciclopedia Gallega, 1974: Gran Enciclopedia Gallega, Santiago de Compostela (Gran Enciclopedia Gallega), 1974 y ss.

Gran Enciclopedia Gallega, 2004: Gran Enciclopedia Gallega, Lugo (El Progreso-Diario de Pontevedra), 2004 y ss.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000206
Autoría: Siro López Lorenzo
Título: Carlos Pajares
Temas: 
Retrato
Masculino
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto 99 cm  Ancho 80 cm   Alto: 120,5  Ancho: 102 cm  Fondo: 3,5 cm (con marco)
Materiais: 
Lenzo