Caruncho 3

Luis Caruncho Amat

Dentro das súas últimas composicións, atópase este acrílico de Caruncho, unha obra completamente abstracta que se sustenta en base a dous principios: cor e xeometría, débeda da súa vinculación con propostas suprematistas e construtivistas. A superficie pictórica está dividida en tres franxas de cor horizontais e paralelas na que se xoga con distintas tonalidades de vermellos, amarelos e azuis. Sobre estas bandas trázanse unhas liñas en branco e gris que fragmentan a obra xerando planos xeométricos, fracturas e unha enorme tensión á obra, creando a sensación de que se trata dun puzzle. Asinado polo autor no ángulo inferior dereito.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000596/3
Autoría: Luis Caruncho Amat
Título: Caruncho 3
Temas: 
Abstracto
Data: 2000
Técnicas: 
Acrílico
Dimensións: 
Alto: 68,5 cm Ancho: 66,5 cm Profundidade: 3,5 cm
Materiais: 
Papel
Localización: Facultade de Psicoloxía