Caruncho 5

Luis Caruncho Amat

Dentro das súas últimas composicións, atópase este acrílico de Caruncho, unha obra completamente abstracta que se sustenta en base a dous principios: cor e xeometría, débeda da súa vinculación con propostas suprematistas e construtivistas. A superficie pictórica está dividida en tres franxas de cor horizontais e paralelas na que se xoga con distintas tonalidades de amarelos, azuis e grises. Sobre estas bandas trázanse unhas liñas en branco e gris que fragmentan a obra xerando planos xeométricos, fracturas e unha enorme tensión á obra, creando a sensación de que se trata dun puzzle. Asinado polo autor no ángulo inferior dereito.

Correspóndese co cartapacio “Vidreiras para Compostela”, serie limitada integrada por seis pezas gráficas de Luís Caruncho acompañadas por cadanseu poema de Miguel Anxo Fernán-Vello, Ramiro Fonte, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Xavier Seoane e Xulio Valcárcel.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000596/5
Autoría: Luis Caruncho Amat
Título: Caruncho 5
Temas: 
Abstracto
Data: 2000
Técnicas: 
Acrílico
Dimensións: 
Alto: 68,5 cm Ancho: 66,5 cm Profundidade: 3,5 cm
Materiais: 
Papel
Localización: Facultade de Psicoloxía