Casco
Casco de tipo colonial cuberto de material calcario por precipitación, ao ser exposto ás augas termais da zona que teñen unha mineralización moi forte con alto contido de cloruros e sodio e gran cantidade de dióxido de carbono. A principios do século XX, o Monumento Natural Puente del Inca (Mendoza, Arxentina) foi unha zona de gran interese turístico, debido á construción dun hotel e á chegada do ferrocarril. Hoxe en día está declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Os artesáns que realizan as pezas son coñecidos como “cacharreiros”. Doazón de Luís F. Torra, tesoureiro no seu momento da Comisión Protectora da Biblioteca América.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1222
Título:
Casco
Dimensións:
Alto: 20 cm; largo: 16 cm; profundidade: 26 cm
Materiais:
Metal
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
